20.5.07

21 de Maio - Programa adicado a...

ROY HAYNES

Máis de 60 anos co jazz nas súas costas, preto de 600 gravacións e ser o único baterista que tocou con Louis Armstrong, Lester Young, Charlie Parker e John Coltrane fan de Haynes un nome importante. Este luns descubiremos por que os grandes do jazz elexían a este baterista como director da sección rítmica nas súas formacións.

Etiquetas:

14.5.07

14 de Maio - Programa adicado a...

EL INVIERNO EN LISBOA

Seguindo coa proposta literaria iniciada no museo Emilia Pardo Bazán, gústanos poder adicar este luns a esta estupenda novela de Muñoz Molina, na que tan ben se combinan o jazz, o alcohol e o crime, e que ten a sua propia banda sonora, composta polo grande entre os grandes da trompeta: Dizzy Gillespie.

Etiquetas: , , ,

23.4.07

23 de Abril - Especial Dia do Libro


Radio Jazz sairá este Luns 23 do estudio José Couso para emitir en directo dende a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, formando parte das actividades que o museo realizará neste día do Libro. Será un programa adicado á fusión do Jazz coa Literatura, e como un dos seus representantes, a Julio Cortázar e o seu "El Perseguidor", conto inspirado na vida de Charlie Parker.

Pódese asistir como público de forma gratuita, á hora de sempre, das 18 ás 19 horas, na Rúa Tabernas Nº 11.

15.4.07

16 de Abril - Programa adicado a...

TOSHIKO AKIYOSHI

Despois do loooongo descanso na nosa emisión retomamos a estructura estándar adicando o programa á pianista e arreglista de orixe nipón Toshiko Akiyoshi, que destacou pola loita na repopularización das Big Bands no Jazz e na fusión nas súas composicións coa tradición musical xaponesa.

Ademais, Akiyoshi formará parte do cartel do XII Ciclo de Jazz da Fundación Pedro Barrié de la Maza, actuando o vindeiro xoves 19 de abril en formato trio en Vigo, na sede da fundación.

Etiquetas:

14.1.07

15 de Xaneiro - Programa adicado a...

RON CARTER

O contrabaixo no Hard Bop ten nome e apelidos: Ron Carter, quen participou en álbumes cos máis grandes: Miles Davis, Herbie Hancock, Wayne Shorter, Tony Williams, Freddie Hubbard, Eric Dolphy, Jim Hall... e desenvolveu un estilo característico no seu instrumento, tanto nos seus solos como no acompañamento, que influiría en tódolos xoves contrabaixistas de jazz a partires dos 70.
En Radio Jazz, pola nosa parte, retomamos a nosa estructura habitual adicando o programa número 13 da terceira tempada a este mestre das 4 cordas.

3.1.07

So what!

Para comezar o ano un novo video de jazz,neste caso dun dos grandes interpretando un dos temas do disco de jazz mais vendido de tódolos tempos!
aqui vos deixamos...So What! Miles Davis

30.12.06

O scat de Ella Fitzgerald

Unha nova entrega da nosa videojazzteca particular é este video que inda que non ten unha gran calidade apréciase ben o arte da primeira dama da canción!
Ella Fitzgerald móstranos un recurso musical como é o scat, unha improvisación coa voz que tan ben sabia facer e que podederedes recoñecer aquí!
Disfrutádeo