28.11.06

4 de Decembro - Programa adicado a...

O GOSPEL

Cando as tradicións musicais africanas dos escravos norteamericanos se xuntaron co cristianismo e o blues naceu o Gospel, un dos moitos ingredientes do que máis tarde se chamaría JAZZ. Thomas Dorsey, Mahalia Jackson, Rossetta Tharpe son só uns poucos nomes que representarán este estilo o vindeiro Luns, á mesma hora de sempre, en Radio Jazz.

21.11.06

27 de Novembro - Programa adicado a...

CECIL TAYLOR

Segunda semana consecutiva de free jazz en Radio Jazz, esta vez personificado na figura do pianista Cecil Taylor, o cal elimina do jazz toda a referencia ó baile e ó entretemento, creando unha música destinada ó oínte preparado, así que afinade as orellas e disfrutade do complexo mundo do free...

16.11.06

20 de Novembro - Programa adicado a...

ERIC DOLPHY

Radio Jazz comeza a experimentar co free jazz da man don gran clarinetista e flautista Eric Dolphy. Pasaremos por Out to lunch, Iron Man, Where... auténticas obras mestras deste estilo que tanto nos gusta. ¡¡Jazz libre para unha radio libre!!

7.11.06

13 de Novembro - Programa adicado a...

MAX ROACH

O baterista por excelencia cando se fala de Be-Bop e Hard-Bop, será este luns o tema principal en Radio Jazz.

Actualizacións no Radio Blog - Programa 5x3

Consultade o noso Radio Blog para poder escoitar o programa 5 desta terceira tempada adicado ó trompetista Art Farmer.