30.12.06

O scat de Ella Fitzgerald

Unha nova entrega da nosa videojazzteca particular é este video que inda que non ten unha gran calidade apréciase ben o arte da primeira dama da canción!
Ella Fitzgerald móstranos un recurso musical como é o scat, unha improvisación coa voz que tan ben sabia facer e que podederedes recoñecer aquí!
Disfrutádeo

17.12.06

Videojazzteca

Inaugurando a sección de videos temos ao james dean da trompeta e do jazz o fantástico Chet Baker ao que se lle dedica un tributo en forma de imáxenes acompañadas por un standar do jazz como é My funny valentine que el mismo interpreta.
Disfrutádeo.

16.12.06

18 de Decembro - Programa adicado a...

ART PEPPER

O último programa do ano, Radio Jazz quere adicalo a un dos máis importantes saxofonistas altos brancos, Arthur Pepper, que, a pesar de converter a súa vida nun inferno, chegou a crear obras mestras como o Art Pepper + Eleven, Meets the Rythm Section, coa sección rítmica de Miles Davis, ou Today.
¡¡Feliz Aninovo!!

10.12.06

11 de Decembro - Programa adicado a...

CHARLIE CHRISTIAN

Charlie Christian, xunto con Thelonious Monk, Coleman Hawkins e Lester Young, foi un dos músicos implicados na transición da era do swing á época do bebop influindo ás grandes figuras deste estilo: Charlie Parker, Dizzy Gillespie... ademais de ser un dos primeiros heroes da guitarra do jazz, sen cumprir sequera os 25 anos de idade. O próximo luns terá lugar o noso homenaxe a este guitarrista.