31.10.06

Nova Axenda Jazz

Acabamos de incorporar un novo servicio ó blog de Radio Jazz. Trátase dun calendario onde iremos incluindo as diversas actuacións de jazz que teñen lugar en Galicia. É moi doado de usar, só hai que picar nas celas brancas e aparecerá unha fiestra coa información referente a ese día. As celas vermellas están baleiras, é dicir, non hai ningún concerto previsto para eses días. Para cambiar de mes, é necesario utilizar as frechas superiores que están ós lados do nome do mes. Se queredes engadir unha data, mandádenos un e-mail a radiojazzcuacfm@hotmail.com e xa nos encargamos nós de incluila.

30.10.06

6 de Novembro - Programa adicado a...

ART FARMER

Destacado trompetista bopper e introductor do fiscorno no Jazz, comezamos o mes de novembro escoitando a quen xunto con Benny Golson formou nos 50 o famoso sexteto Jazztet.

Actualizacións no Radio Blog - Programa 4x3

Dende xa está dispoñible no noso Radio Blog o Programa 4 da terceira tempada adicado a Dexter Gordon. Esperamos que vos guste.

27.10.06

¡¡Arriba os programas!!

Xa é posible escoitar Radio Jazz a través da rede de redes. Todo gracias á simple tecnoloxía do Radio Blog que podedes ver na columna da dereita. O funcionamento é tamén moi simple: só tedes que picar no título do programa que queredes escoitar e comezará a soar tras esperar un tempo de carga do audio máis ou menos longo, dependendo da velocidade da vosa conexión. (Con 1Mb de conexión é suficiente).
Tentaremos manter actualizada esta sección cos últimos programas retransmitidos. Polo de agora poderedes escoitar o programa número 24 e o primeiro programa do ano 2006, ámbolos dous pertencentes á segunda tempada de Radio Jazz, e o segundo da terceira tempada.

23.10.06

30 de Outubro - Programa adicado a...

DEXTER GORDON

Contemporáneo de Charlie Parker e Dizzy Gillespie, este saxofonista (e actor nominado a un oscar) é considerado o primeiro tenor do Bebop, ó que lle dedicou a súa vida. Por iso, este luns adicaremos o programa ó xigante Dexter Gordon.

Darlin...be-bop is the music of the future.

Primeiras fotos de Radio Jazz



Aquí podédesnos ver no noso centro de operacións: O estudio José Couso onde se emite o programa Radio Jazz e tódolos programas da CUAC FM, unha das emisoras nacionais libres máis potentes.

18.10.06

23 de Outubro - Programa adicado a...

HORACE SILVER

Este luns enfocaremos o noso programa á vida e obra deste pianista nortamericano de mediados do século pasado que foi unha das principais figuras do Funky Jazz e do Hard Bop, estilos de jazz de enorme swing con influencias do gospel, rhythm-and-blues e soul. ¡¡Non volo perdades!!

16.10.06

Comezamos unha nova etapa

Coincidindo co comezo da terceira tempada de Radio Jazz, inauguramos este blog no que faremos avances da temática do noso programa de radio, colgaremos algúns programas para que os escoitedes, iremos publicando diversos artigos sobre jazz, comentando concertos, etc... e esperamos que vos animedes a participar deixando os vosos comentarios.
Todo apunta a que este ano, é o ano de Radio Jazz...
Unha forte aperta:
Edu Poch e Anxo Vázquez.
Radio Jazz (Luns de 18 a 19hs na CUAC FM 103.4 e en www.cuacfm.org)